top of page

PROPOSTAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL 1º E 2º

OLA A TODOS E TODAS. SON A PROFE GENI QUE VOS BOTA MOITO DE MENOS. COMO ESTE É O MES DAS LETRA GALEGAS VOU  PROPOÑER MÚSICA E CONTOS EN GALEGO!

QUE BONITAS AS VOSAS VOCECIÑAS CANDO CANTAN E CONTAN EN GALEGO.

O 17 DE MAIO É A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, PERO ESTE ANO CREO QUE IMOS CELEBRALA NA CASA, XA SABEMOS POR CULPA DE QUEN!!.

O FAMOSO QUE HOMENAXEAN ESTE ANO CHÁMASE RICARDO CARBALLO CALERO QUE TRABALLOU MOITO POR DEFENDER AO GALEGO. INCLUSO FOI AO CÁRCERE!

VIVA O GALEGO!! POR MIL PRIMAVERAS MÁSI!

NO MUNDO HAI UN PAÍS. ANTÓN. CORTIZAS

No mundo hai un país
e nel unha bisbarra,
na bisbarra unha vila,
na vila hai unha praza,
na praza hai unha esquina,
na esquina hai unha casa,
na casa hai unha alcoba,
na alcoba hai unha cama,
na cama hai unha nena,
na nena hai unha cara,
na cara hai unha boca,
na boca hai unha sala,
na sala hai unha lingua,
na lingua hai unha fala
que di: Fálame sempre,
non quero estar calada
na lingua
da sala
da boca
da cara
da nena
da cama
da alcoba
da casa
da esquina
da praza
da vila
da bisbarra
do país
que Galiza
se chama.

Cantos ovos pos?

Xogo recollido por Antón Cortizas; Tratase encher ben de aire e decir o poema de corrido sen respirar para ver cantos ovos podes poñer.  

A pega rebordá
puxo un ovo na campá
puxo un e rebordou,
puxo dous e rebordou,
puxo tres e rebordou,
puxo catro e rebordou,
puxo cinco e rebordou,
puxo seis e rebordou,
puxo sete e rebordou,
puxo oito e rebordou,
puxo nove e rebordou,
puxo dez e rebordou, 
puxo once e rebordou, 
puxo doce e rebordou, 
puxo trece e rebordou,
puxo catorce e rebordou,
puxo quince e rebordou,
puxo dezaseis e rebordou,
puxo dezasete e rebordou,
puxo dezaoito e rebordou...

APRENDE ESTA CANCIÓN TAN CHULA!

ESCOITA ESTE CONTO. 

BAILA CON ESTAS CANCIÓNS!

Radio Picariña. Música en galego
1379457305.png

CONSTRUE INSTRUMENTOS RECICLADOS!

manualidades_para_ninos_dia_de_la_musica

CONTRÚE UNHA FRAUTA CUNHA PALLIÑA!

Para 4º, 5º e 6º

captura-de-pantalla-2017-02-24-a-las-19-

Para  1º 2º e 3º

Café Donlumusical

hqdefault-2.jpg

Xogo de percusión. Pincha na partitura

be06a8_2bbf7862ce264edbb8045e2daf291eb5.

Para infantil

81xfqpfj5QL._SL1417_.jpg
atividades.jpg

Para  toda a familia

Un paseo pola natureza!  Pecha os ollos e déixate levar!
CHROME MUSIC LAB
​Páxina para crear música, xogar e experimentar co son!!
image003.jpg
bottom of page