top of page

1. MÚSICAS DO MUNDO; FRANCIA

CANON DE FRANCIA

Frère Jacques, Frère Jacques,

Dormez-vous? Dormez-vous?

Sonnez les matines! Sonnez les matines!

Din, dan, don. Din, dan, don

 

Frère Jacques, Frère Jacques,

Dormez-vous? Dormez-vous?

Sonnez les matines! Sonnez les matines!

Din, dan, don. Din, dan, don

CANCIÓN DE FRAUTA; A LA CLAIRE FONTAINE

alaclair.gif
Au-Clair-de-la-Lune-rec.png

PINCHA NA IMAXE

81bJHwrkgaL._SS500_.jpg

CLAUDE DEBUSSY FRANCIA (1862-1914)

resultado_notas1-300x162.jpg

Pincha na imaxe para escoitar a súa obra

"Claro de lúa"

16181720_303.jpg

Proposta: Inventa unha pequena historia misteriosa e lea en alto mentras escoitas o "Claro de lúa de Debussy"

Proposta. Fai un esquema coa clasificación do vídeo

HISTORIA DE MAIA 

Clasificación dos instrumentos
Pincha na imaxe
images-3.jpeg

2. O SAMAÍN

Canción; O Samaín

Paco Nogueiras

Disco; Brincavai

capturada.jpg
Pincha na imaxe para ver a canción en lingua de signos
1*PsKj-FVDeKK4o-y3E5jRBQ.jpeg
Pincha na imaxe para ver o video de Paco Nogueiras
P_Suceso_1442862620093_860_1000_U_6e53fb

Frauta; Polka

IMG_20200324_082925.jpg
CANTOS DE REIS;
ver explicación no apartado Nadal

3. AS NOSAS FESTAS: O NADAL

AS XANEIRAS

 

(Pop. María Manuela/Xoán Rubia)

 


Esta noite non se durme
imos cantar as xaneiras.
Cheira a cravos, cheira a rosas
cheira á flor das laranxeiras.

Aquí mora xente honrada
en casa dun labradore
que ten a muller bonita
e a filla como unha flore.

Oh que linda estrela “brila”
alén dos lagos do norte.
A esta moi nobre casa
Deus lle dea unha boa sorte.

Alegraivos, compañeiras,
xa vexo a luz da candea,
a filla do labradore
vaivos convidar “pra” cea .

IMG_20200324_083113.jpg

4. AS NOSAS FESTAS; O ENTROIDO

O SANCRISTÁN DE COÍMBRA

O Sancristán de Coímbra
Facía de mil diabluras (BIS)
Mollaba o pan en aceite,
Deixaba os santos a escuras (BIS)

E bate fado e bate ben,
Ti ére-la causa do meu desdén (BIS)

O mar tamén ten amores,
O mar tamén ten mulleres (BIS)
Está casado coa area
Dalle bicos cantos quere (BIS)

E bate fado e bate ben,
Ti ére-la causa do meu desdén (BIS)

Eu quixera ser merliño
E te-lo bico encarnado (BIS)
Para face-lo meu niño
Nos teus cabelos dourados (BIS)

E bate fado e bate ben,
Ti ére-la causa do meu desdén (BIS)

R-9928682-1490636548-6297.jpeg.jpg

VERSIÓN UXÍA LAMBONA.Pincha na imaxe

51R-auhjpYL._SX342_QL70_ML2_.jpg
IMG_20200324_082941.jpg

O GHAI GHAI 

Version Chouteira

 

O GHAI-GHAI, O GHAI-GHAI, O QUE ESPERNEXE E NON CAE,

ESPERNEXÍN E CAÍN E LEVANTEIME E DIXEN: GHAI-GHAI!

O GHAI-GHAI, O GHAI-GHAI, O QUE ESPERNEXE E NON CAE,

ESPERNEXÍN E CAÍN E LEVANTEIME E DIXEN: GHAI-GHAI!

 

ARRAPA RAPOSO, DO CU PIOLLOSO, NON MATES O AÑO DO LIMPIO CASTAÑO,

QUE VAI Á RIBEIRA BUSCAR A MANTEIGA PARA A MULLER, QUE A TEN PARIDEIRA.

 

retrouso

ARRAPA RAPOSO, DO CU PIOLLOSO, NON MATES O AÑO DO LIMPIO CASTAÑO,

QUE TEN UN VARÓN QUE SE CHAMA ANTÓN, PELICA DE CABRA E FOL DE CASTRÓN.

 

retrouso

 

ARRAPA RAPOSO, DO CU PIOLLOSO, NON MATES O AÑO DO LIMPIO CASTAÑO,

PÚXOSE NA PÓLA TOCANDO A... MIOLA, MIRANDO OS RAPACES QUE VIÑAN DA ESCOLA.

 

Retrouso

 

ab67616d0000b27333c49ff02d90138190d4a7c3

5. O COIDADO DA NATUREZA

Canción: O veleiro verde
Disco: O veleiro verde
María Fumaça

A terra treme, medran os mares,

falan os ventos todos son sinais.

A terra seca, xa o dixo Greta

arde o planeta e haino que salvar.

Mais hai, un veleiro verde

co arco da vella a ondear.

Hai un veleiro verde,

en marcha polo clima sen parar.

E os paxaros, caen do ceo,

medra o desxeo e a desforestación.

Peixes baleas, intoxicadas

de lixo e plástico que van para o mar.

Mais hai, un veleiro verde

que pregoa un novo mencer

Hai un veleiro verde,

pra mudar o mundo e renacer

Esta é unha alerta, unha carta aberta

que nos di que temos a solución.

Fóra a codicia, da Amazonia

o fume negro que asfixia o ar.

Mais só temos unha terra

e a esperanza verde a navegar

guerreiras do arco da vella

viremos o mundo agora xa.

E só temos unha terra

e a esperanza verde a navegar

guerreiras do arco da vella

viremos o mundo agora xa.

Pincha na imaxe para ver o vídeo
images-4.jpeg

XOGOS DE RITMO

ELABORA UN DADO RÍTMICO
DYu9P0YXkAEz5RY.jpg
FAI OS RITMOS PROPOSTOS COA VOZ
CON PALMAS, COA FRAUTA...
4e5f21573ec323e77d5a3a7f8421c632.png

6. PROXECTO ANUAL;  AQUÍ XOGAMOS TOD@S

RIMAS DO TITIRIDALLE

RECOPILACIÓN DE RIMAS E TRABALINGUAS FEITO POLO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DO CEIP DO HÍO

RECOLLIDA  NA PARROQUIA DO HÍO NO 1995

ESTE OLLIÑO PIMPILÍN 

ESTE OLLIÑO PIMPILÁN

ESTE NARIZ NARIZÁN

ESTA BOCA PIDE PAN

ESTE QUEIXO NON LLO DA.

¡ARRÍNCATE CABALÁN!

MARTÍN CONDE 

VAI NA LEÑA:

LUNS SAE,

MARTES ANDA,

MÉRCORES CHEGA,

XOVES TALLA,

VENRES VOLTA,

SÁBADO ENTRA...

E O DOMINGO 

QE A PRENDERÍA,

TODOS DIN

QUE NON É O DÍA.

TRISCÚS BELISCÚS

ANACOS DE PAN

PÁRTEOS PEDRO

E DOLLOS A XAN,

XAN NON OS QUERE

E DALLOS Ó CAN

O CAN NON OS QUERE

E DALLOS Ó GATO

O GATO NON OS QUERE

E DALLOS Ó RATO

O RATO NON QUERE

E MÉTEOS NUN BURATO.

XAN PERICÁN

A CABALO DUN CAN

O CAN ERA COXO

TIROUNO NUN POZO,

O POZO ERA FRÍO

TIROUNO NO RÍO,

O RÍO ERA BRANCO

TIROUNO NO CAMPO,

O CAMPO ERA ROXO

TIROUNO NUN TOXO,

O TOXO PICABA

XAN BERRABA E O CAN ESCAPABA.

-ISTO QUE É?

-UN PUÑO ÑUÑETE

-E ISTO QUE É?

-OUTRO PUÑO PUÑETE

-QUE TEN POR DENTRO?

-PAN E FORMENTO

-QUE TEN POR FÓRA?

PAN E MIOLA

-CON QUE SE REMEXE O CALDO?

-CON CULLERÓN

-POIS VAMOS Ó REMEXÓN!

AÍ VÉN PEDRO CHOSCO

XA ESTÁ NO TELLADO

LEVA UN SACO Ó LOMBO

CUN OLLO PECHADO

AÍ VÉN PEDRO CHOSCO

EA, EA, EA

VÉN BOTANDO SONO

POLA CHEMINEA.

ESTE É O MAIMIÑO

ESTE,  O SEU VECIÑO

ESTE, O PAI DE TODOS

ESTE, O FURABOLOS

E ESTE O ESCACHAPIOLLOS

POR LA SEÑAL

DO PICO REAL

COMÍN TOUCIÑO

E FÍXOME MAL

SI MÁIS ME DERAN

MÁIS COMÍA

POLO MAL 

QUE ME FACÍA.

Orella Pendella
banner-2.png

PROPOSTA 1: INVENTA  UNHA MELODÍA PARA ALGUNHA DAS RIMAS PROPOSTAS DO TITIRIDALLE OU DE ORELLA PENDELLA

ESCOITA A SINFONÍA DOS XOGUETES DE LEOPOLD MOZART( O PAI DE MOZART)
pincha na imaxe
677f6bdafc.jpg

Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:

1º Ritmo; ta para as negras

                  titi para as corcheas

                  taa para as brancas

2º  Solfeo; ritmo  e notas

                    3ª LIÑA SI

                    2º ESPAZO LA

                    2ª LIÑA SOL

3º Toco coa frauta; sopro suave coa sílaba "DU", espalda recta, brazos relaxados.

4ª Esta cancíon en realidade son 2 cancións. Tócase o 1º e saltase ao 3º pentagrama. Esa sería a melodía 1 ,

A 2ª melodía son o 2º e o 4º pentagrama. Xuntas fan un dúo

todas-posiciones.png
IMG_20200324_082932.jpg

XOGOS MUSICAIS

COREOGRAFÍA
donlumusicaljuegos.jpg
XOGOS CON VASOS
donlumusicaljuegos.jpg
XOGO RÍTMICO CON BOTELLAS
donlumusicaljuegos.jpg
CONSTRUÍMOS INSTRUMENTOS
manualidades_para_ninos_dia_de_la_musica

7. OS NOSOS RECURSOS:  A HORTA

A HORTA DE BALBINA

a horta de Balbina.jpg
PINCHA NO DISCO PARA VER O VÍDEOCLIP
unnamed.jpg
FRAUTA
Himno de la Alegria.png

Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:

1º Ritmo; ta para as negras

                  titi para as corcheas

                  taa para as brancas

                  taati para negra con puntillo e corchea

2º  Solfeo; ritmo  e notas                     

                    

3º Toco coa frauta (sopro suave con"DU", postura recta pero cómoda, brazos relaxados)

Pincha en Beethoven para tocar con acompañamento
Beethoven.jpg
todas-posiciones.png

8.A NOSA MÚSICA

QUEN POIDERA NAMORALA

Letra; Alvaro Cunqueiro

​Música; Suso Baamonde

8b3dae73f3dd18891d6dbc2420ff038b.jpg
Pincha na pomba para ver o vídeo
images-3.png
IMG_20200324_082952_1.jpg

Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:

1º Ritmo; ta para as negras

                  titi para as corcheas

                  taa para as brancas

                  taati para negra con puntillo e corchea

2º  Solfeo; ritmo  e notas  

                                  

3º Toco coa frauta (sopro suave con"DU", postura recta pero cómoda, brazos relaxados)

4º A frauta só ten que tocar o 1º pentagrama de cada 5. É maís corta do que perece! Os demais pentagramas son para acompañar en clase!

todas-posiciones.png
bottom of page