top of page

FELIZ 2022

feliz e esperanzador 2021

Ano 2020 con ben vaias

Este ano non podemos facer o noso tradicional canto de reis para pedir o aguinaldo polas clases  e tampouco podemos invitar a asociación de maiores "Eche o que hai" para que nos veñan cantar panxoliñas. A cambio estamos pedindo a todo o alumnado que falen cos maiores da casa para que canten e conten como era antes o Nadal. Cos vídeos que enviedes faremos unha montaxe que pensamos subir á biblioteca e poñela o último día de clase.  

 Os maiores de 5º e 6º tamén poden participar na videofelicitación de Nadal no Gaiás da man de Jesús Vaamonde. No seguinte enlace indícanos como facelo.

BO NADAL A TOD@S E QUE SE CUMPLAN OS VOSOS DESEXOS, OU MAIS BEN O DESEXO...QUE SERÁ?

Imos levar unha pouca roupiña tres polas, dous galos, mais unha galiña,un añiño, dúas pombas sin pel,tres rulas ó xeito e un tarro de mel.Ai, Meu Neno,Meu Rei, Meu Meiguiño,non tés un albergue,non tes un leitiño.Sin arrimo, nas pallas estás,ai, Meu Queridiño, que frío terás.

PROXECTO RANCHO DE REIS

Dividimos aos nenos e nenas da aula en 2 grupos. Primeiro escollemos a dous capitáns, capitás voluntarios e que non foran en cursos anteriores. Os capitáns e capitás serán os encargados de organizar ensaios e presentar nas aulas. A continuación irán escollendo por turnos aos demais compoñentes do seu coro, coidando de que sexan mixtos.  Escollemos a panxoliña para a aula, buscando no música tradicional; O quiquiriquí, Cantos de Nadal, Fuxan os ventos ou nalgunha das composicións modernas de Mamacabra ou similar. Os primeiros ensaios faranse na clase co asesoramento da mestra. Poden nstrumentar a panxoliña. Posteriormente e conforme se vai achegando o día da actuación, os equipos terán que facer un pequeno ensaio nos recreos. Isto permítenos ver como se organizan, que problemas xurden, o valor do ensaio...O último día antes das vacacións de Nadal irán a actuar polas 4 aulas que lles toca. Procuraremos que actúen nas aulas nas que os compoñentes teñen irmáns.

Ao rematar a actuación reciben o aguinaldo que xa está preparado nas aulas e que consiste nunha moeda de chocolate ou similar.

Esta actividade debido ao seu gran potencial como preservadora da tradición oral e os costumes do Nadal,  está incluída nos proxectos de Normalización lingüística e subvenciona a adquisición das chocolatinas.

bottom of page