1. MÚSICAS DO MUNDO; BRASIL
O PEIXE VIVO (CAETANO VELOSO)
VERSIÓN“NA VIRADA”
Como pode um peixe vivo
Viver fora d'água fria
Como pode um peixe vivo
Viver fora d'água fria
Como poderei viver
Como poderei viver
Sem a tua sem a tua
Sem a tua companhia
Sem a tua sem a tua
Sem a tua companhia
O PEIXE VEN , O PEIXE VAI
O PEIXE VAI BEN POLO FONDO DO MAR
2.MÚSICAS DO MUNDO; ITALIA
UN AUSTRIACO FELICE
Un austriaco felice
caminaba suil monti
e vedeba un CÚCULO
que faceba cosí
OLERI OLERILERILARALARACUCU
OLERI OLERILERILARALARACUCU
OLERI OLERILERILARALARACUCU
OLERI LARA CUCU
SUBSTITUIR A PALABRA SULIÑADA POR:
SERPE, OSO, DONA, PAVO
FACEMOS OS XESTOS DE CADA VERSO.
OUTRA VERSIÓN
ANTONIO VIVALDI
O seu nome completo era Antonio Lucio Vivaldi. Naceu o 4 de marzo de 1678 en Venecia (Italia). O seu pai era violinista profesional Giambattista Vivaldi. Aprendeu música co seu pai. Aos 15 anoscomezou os seus estudos nun seminario para ser sacerdote. Exerceu moi pouco como sacerdote porque padecía unha enfermidade respiratoria que lle impedía dar misas. Pénsase que a enfermidade podía ser asma.
Tiña o cabelo "rubio" , xa sabedes que rubio en galego é "pelirrojo" e en Italia era coñecido como "Il pretti rosso" (O cura rubio)
Consegue un traballo como mestre de violín no "Ospedalle de la Pietá" que acollía a nenas orfas e sen fogar. Con Vivaldi como mestre, formou unha orquesta de corda que se fixo famosa en toda Italia pola calidade das súas actuacións.
Vivaldi adquire fama en toda Italia. Reis e Papas encárganlle concertos, misas, óperas e incluso música para vodas reais. Viaxa por outros países; Praga, Austria. A súa fama decae nos últimos anos da súa vida. Morre en Viena (Austria) no 1741 e é enterrado nunha fos común
Compuso máis de 800 obras. A maís famosa " O concerto das 4 estacións"
Anos máis tarde foi redescuberto por outros músicos que lle devolveron a Vivaldi o seu prestixio e hoxe en día está considerado como un dos músicos máis importantes de todos os tempos.
xogo do cazador e o lobo
Imos a cazar o lobo a Soutomaior
Imos a cazar o lobo, eu son cazador
Polo monte vou baixando, vou baixando, vou baixando xa
Ai! que casi o pillo
Estas catro partes se escoitan na parte do cazador que avanza co pulso ou co acento. Na parte de improvisación de violín o lobo escapa (os nenos e nenas bailando con movementos de ballet)
Vanse alternado cazador e lobo, hai que estar moi atento/a. Ao final o lobo é atrapado e o violín é o encargado de dramatizar este momento.
ATRÉVESTE A BAILALO?
Pode ser que uns fagan de cazadores e outros de lobos ou todos as 2 partes.
A música das 4 estacións é decriptiva;
quere contar unha historia ou imitar os sons da natureza
GUILLERMO TELL DE ROSSINI
3. O SAMAÍN
CORRE CABACIÑA
DANZA MACABRA: CAMILE DAINT SAËNS
4.OS INSTRUMENTOS
FRAUTA
NORMAS:
Sopra suave co sonido DU
Tapa ben os buratos. Podes practicar diante do espello.
A man esquerda arriba e a dereita abaixo apoiando o pulgar na parte posterior
Practica un pouco todos os días.
Limpa a frauta despois de usala. De vez en cando podes metela debaixo do grifo e incluso poñerlle un pouco de xabón. Aclarar ben despois.
Respecta as normas de clase e toca sólo cando sexa o teu turno.
Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:
1º Ritmo; ta para as negras
titi para as corcheas
taa para as brancas
2º Solfeo; ritmo e notas
3ª LIÑA SI
2º ESPAZO LA
3º Toco coa frauta. Si pincho no paxariño podo tocar con acompañamento.
PINCHA NO PAXARIÑO PARA TOCAR COA MÚSICA
5. O COIDADO DA NATUREZA
O CEO
DISCO; OPERACIÓN CAN
AUTOR; JUAN LAGUARTA
CEIP XULIO CAMBA DE VILANOVA DE AROUSA
SE QUERES VER A TERRA
COMO UN SOÑO UNHA ILUSIÓN,
RESPETA A NATUREZA
ESA É A SOLUCIÓN
OS INCENDIOS DESES MONTES
O LUME TODO ARRASARÁ
MATANDO OS PAXARIÑOS
QUE TE ESPERTAN CADA MAÑÁ
NIN PINOS EUCCALIPTOS
OU CARBALLOS QUEDARÁN
SO CINZAS POLVORENTAS
QUE DE NADA SERVIRÁN
ASÍ QUE AMIGO MEU
COMÉZATE A CONCIENCIAR
ESTE MUNDO OS NENOS
PODÉMOLO CAMBIAR.
NON! O CEO XA NON É IGUAL NON! NON!
CON TANTA CONTAMINACIÓN, NON!
E NA CAPA DE OZONO UN BURATO SE FORMOU
NON! O CEO XA NON É IGUAL NON! NON!
CON TANTA CONTAMINACIÓN, NON!
NON Ó LIXO, NON Ó LUME
O PERIGO DAS ESPECIES EN EXTINCIÓN
(FRAUTA)
O CHAPAPOTE AS NOSAS RÍAS
DE REPENTE INUNDOU
PERO TODO FOI A MENOS
COA NOSA COLABORACIÓN
OS RESIDUOS DESAS FÁBRICAS
QUE VAN PARAR AO MAR
NINGÚN PEIXE NIN SER VIVO
BAIXXO A AUGA QUEDARÁ.
NON PODEOS ESQUECER
OS ANIMAIS ABANDOADOS
PORQUE ELES NON SON XOGUETES
E DEIXALOS SEN COIDADOS.
RETROUSO.
RAP
TALAMOS ÁRBORES POR MOR DO PAPEL
E DESPOIS OS TIRAMOS SEN SABER POR QUÉ
OS MONTES ESPIDOS ESTÁN A QUEDAR
SE NON RECICLAMOS ONDE VAN A PARAR?
CADELOS NAS RÚAS, SEN TER ONDE IR
TANTO SUFRIMENTO NON CHE GUSTARÍA A TI.
O MUNDO É NOSO COIDÉMOLO POIS
PON MANS Á OBRA E CANTA CON NÓS.
Pincha na foto se queres mercar o disco
Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:
1º Ritmo; ta para as negras
titi para as corcheas
taa para as brancas
2º Solfeo; ritmo e notas
3ª LIÑA SI
2º ESPAZO LA
2ª LIÑA SOL
3º Toco coa frauta.
TEXTO EN GALEGO
XA CHOVENDO ESTÁ
XA CHOVENDO ESTÁ
SS SS SS SS
XA CHOVENDO ESTÁ
6. AQUÍ XOGAMOS TOD@S
Pincha na foto se queres ver o vídeo
LETRA BRINCAVAI
SINFONÍA DOS XOGUETES. LEOPOLD MOZART
( O PAI DE MOZART)
RECOÑECES OS XOGUETES NA AUDICIÓN?
PROPOSTA: COLLE VARIOS XOGUETES DA TÚA HABITACIÓN E CREA A TÚA SINFONÍA
Recorda practicar un pouco todos os días, en 3 pasos:
1º Ritmo; ta para as negras
titi para as corcheas
taa para as brancas
2º Solfeo; ritmo e notas
3ª LIÑA SI
2º ESPAZO LA
2ª LIÑA SOL
3º Toco coa frauta.