top of page

AS REGUEIFAS

A PROPOSTA ESTÁ ABERTA A TOD@S :  ALUMNADO PROFESORADO E FAMILIAS. TRÁTASE DE INVENTAR UNHA COPLA  DE 4 VERSOS COA MÚSICA DE VAI TU VAI ELA (SO A DO PRINCIPIO) , FALANDO DO QUE SE QUEIRA DO CURSO ESCOLAR. PARA QUE TEÑA MÁIS COHERENCIA PODEDES  COLLER O ÚLTIMO VERSO E SEGUIR A ESTROFA.  DAMOS DE PRAZO UNHA SEMANA PARA QUE NOS DE TEMPO EDITALO NUN VÍDEO QUE QUEDARÁ DE RECORDO DESTE ANO TAN ATÍPICO. MÁIS ABAIXO TEDES INFORMACIÓN DO CONCURSO ANUAL ENREGUÉIFATE POR SI QUEREDES SABER MÁIS SOBRE AS REGUEIFAS OU INCLUSO CONCURSAR!

CONCURSO ENREGUÉIFATE 2020

Por outra banda os que queiran participar no concurso enreguéifate teñen de prazo ata o 29 de maio. No seguinte vídeo-titorial enséñannos como facelo. Aínda que non participedes no concurso, pode ser interesante que probedes a regueifar por skipe, zoom ou outra plataforma para ver como se vos da. ÁNIMO! Se podedes en persoa mellor, aínda que sexa con mascarilla!

 

https://www.youtube.com/watch?v=0N3OMc6FYz0

enregueifate.png

O 29 de maio pecha o prazo para participar no Enreguéifate 2020

 

Malia a estado de alarma, o Enreguéifate botou a andar este ano para animar a pequenos/as e maiores a pasar o tempo agudizando o enxeño a través da arte da regueifa. 

 

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.
 

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

 

Coma tódolos anos, o concurso consta de dúas categorías:

 

- Xeral, na que pode participar calquera persoa. 

- Escolar, na que pode participar alumnado de ensino non universitario (calquera nivel de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, ensinanzas especiais, artísticas, escolas de música, de danza ou de idiomas). Nesta categoría, as persoas participantes representarán o centro educativo no que estuden, aínda que poden inscribirse co nome da súa aula ou co que decidan adoptar para diferenciárense doutras que participen do mesmo centro. 

 

Respecto ás características dos vídeos:

 

 - O idioma empregado ten que ser o galego. 

- A temática é libre. 

- En cada vídeo deben aparecer, cando menos,dúas persoas. 

- Unha mesma persoa pode participar en varios vídeos. 

- A duración máxima das pezas será de 3 minutos. 

- Non se establecen restricións noformato, sempre e cando as gravacións se aprecien de xeito claro. 

- Non se poderán transmitir imaxes ou mensaxes violentas, ofensivas e/ou discriminatorias. A organización descartará aqueles vídeos con contidos que non considere apropiados.

 

MATERIAIS DE INTERESE

 

- UNIDADE DIDÁCTICA: Ante falta, por causas evidentes, de obradoiros formativos nos centros escolares dos concellos organizadores nesta ocasión, está a disposición de toda persoa que queira unha unidade didáctica para prender esta arte da improvisación: 

 

- VÍDEO TITORIAL PARA REGUEIFAR EN "VIRTUAL": No momento actual, a regueifa convértese nunha boa actividade tanto de cara as clases virtuais do profesorado coma para pasar o tempo de lecer nas casas, agudizando a mente e facendo os vídeos a través de ferramentas informáticas coma skype, zoom...

Para isto, desde o certamen puxemos ao alcance de quen o precise un vídeo-titorial sobre como regueifar e gravar dita regueifa para poder participar no certame en tempos de corentena.

 

- MATERIAIS PROMOCIONAIS: Podedes ver tódolos vídeos e materiais promocionais que fomos ubindo a redes sociais durante estes meses aquí. Entrevistas, spots publicitarios, regueifas online... hai de todo un pouco!

 

O prazo de inscrición está aberto ata o 29 de maio. Toda a información, así como a formulario para inscribirse, está na web: www.enregueifate.gal

 

Agradecemos a difusión desta información. Para calquera dúbida, non tedes máis que escribirnos a este correo electrónico. Animádevos a participar QUE AÍNDA HAI TEMPO! 

 

 

---- ENREGUÉIFATE----

bottom of page